Servizo de educación inclusiva
  "POR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE E IGUALDADE PARA TODOS."
Filosofía do servizo de educación de Down Galicia.
Dende DOWN GALICIA, consideramos que a inclusión na escola ordinaria é a vía máis axeitada para acadar o desenvolvemento formativo, psicolóxico e social das persoas coa síndrome de Down. Sen embrago, a inclusión educativa non pode seguir un modelo único, senón que debe ser adaptado ás necesidades de cada persoa. Así mesmo, non é un fin en si mesma, senón un medio para acadar o pleno desenvolvemento social e persoal do individuo.
Se queremos conseguir o maior grao posible de desenvolvemento e autonomía nos nenos e mozos coa síndrome de Down será necesario dinamizar, nos seus anos de escolaridade, experiencias educativas de calidade. Para iso, debemos optimizar os recursos existentes e tratar de acadar un nivel importante de colaboración entre os axentes educativos (a familia, a asociación, a escola), co fin de non deixar ningunha das áreas de aprendizaxe sen abordar e de coordinar as accións educativas que nos diferentes contextos se desenvolven.
O proceso da reforma educativa plantexa como finalidade última mellorar a calidade da ensinanza, tarefa que en boa medida está cifrada en conseguir que os centros poidan ofrecer unha resposta educativa de calidade, axustada á diversidade do alumnado escolarizado nela.
O obxectivo consiste en crear unha comunidade que acolla as diferenzas, utilice as diferenzas entre os alumnos como elementos do currículo e respecte esas diferenzas en todos os aspectos do programa escolar. Aínda que un alumno non aprenda nunca certos contidos dalgunha materia, segue sendo fundamental que se lle inclúa, de forma que todos os alumnos poidan descubrir o respecto mutuo, o agarimo e apoio nunha sociedade inclusiva.
UNHA ESCOLA PARA TODOS debe ser capaz de responder diferencialmente ás necesidades individuais, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Deber de ser capaz de adecuar recursos e metodoloxías ás características do alumno/a con necesidades educativas especiais. Para iso, será necesario establecer proxectos que actúen non só sobre a propia persoa coa síndrome de Down, senón que extenda o seu foco de atención á totalidade de membros que forman parte da comunidade educativa.
Promover e facilitar a inclusión escolar dos alumnos coa síndrome de Down e outras discapacidades na escola ordinaria, potenciando ó máximo o seu desenvolvemento cognitivo, social e persoal de tal forma que se contribúa a consolidar os coñecementos, habilidades e destrezas que favorecen a súa plena integración sendo, todo iso, de forma coordinada cos axentes educativos dos centros escolares.
Actuacións do Servizo de Educación
Entre os Programas educativos que desenvolven as entidades membros de Down Galicia:
  Lecto-escritura
  Autonomía persoal, social, urbana e/ou domeética
  Expresións corporal-musicoterapia
  Habilidades sociais e de comunicación
  Novas tecnologías
  Apoio psicopedagóxico
  Logopedia e linguaxe
  Cognitivo
  Apoio á integración escolar/ apoio educativo
  Psicomotricidade
Actuaciós do Servizo de Educación.
1.- Actuaciós Educativas dirrestas destinadas e orientadas a satisfacer as necesidades especificas dos alumnos/as coa síndrome de Down.
      Actuacións do Proceso de Entrada e derivación a servizos- Valoración
         educativa:
    1. Recibir e atender as demandas dos usuarios e/ou familias.
    2. Dar información e orientación sobre a entidade, filosofía e servizos.
    3. Recoller información dos usuarios: datos persoais, familiares, capacidades
         e habilidades,...
    4. Coñecer as preferencias dos clientes respecto ó servizo.
    5. Elaborar o plan educativo para cada usuario para ofrecer o apoio que cada
         alumno necesita.
      Actuacións do Proceso de Apoio personalizado:
    1. Elaboración do programa de reforzo en coordinación co centro educativo
         e familia.
    2. Desenvolver programas educativos compensatorios que complementen e
         reforcen a oferta formativa da escola, segundo as necesidades detectadas
         e as peculiaridades de cada alumno.
    3. Desenvolver accións para acadar un maior grao de desenvolvemento e
         autonomía nas persoas con S.D, a travás da dinamización
         de experiencias educativas.
    4. Seguimento trimestral do programa e avaliación final.
2.- Actuaciós sobre os Centros educativos.
      Actuacións do Proceso de coordinació con centros e garderías:
    1. Achegar información ós profesionais do ensino.
    2. Asesorarmento e coordinación cos centros educativos.
       2.1 Reunións de coordinación.
       2.2 Asesorar e colaborar no deseñ de estratexias metodolóxicas.
       2.3 Resposta a demandas.
       2.4 Charlas de sensibilización nos centros educativos.
       2.5 Participar na formació de profesinais do ensino.
    3. Achegar os materiais necesarios.
       3.1 Creación dun fondo de recursos materiais.
       3.2 Asesorar e colaborar na elaboración de materiais.
    4. Servir de nexo na continuidade do proceso educativo.
3.- Actuaciós sobre os Contextos Familiar.
      Actuacións do Proceso de Intervenció con familias:
    1. Obter a máxima información sobre as relacións, expectativas e
         nacesidades familiares.
    2. Responder as demandas e dúbidas solicitadas ou expostas polas familias.
    3. Apoiso ás familias nos diversos problemas ou en relacón á educación dos
         seus fillos/as.
    4. Traballo da implicación familiar na educación das persoas con síndrome de Down.
    5. Proporcionar información á familia de forma puntual e regular sobre as
         actuacións realizadas desde o servizo e os logros educativos dos seus fillos.
    6. Reunións e intervensións familiares que contribúan a consolidar ou
         reorientar o plan educativo do usuario.






